venres, 29 de abril de 2016

APADRIÑAMENTO LECTOR NO DÍA DO LIBRO




Por fin chegou o gran día! Un día cheo de lecturas, emocións e ilusións. Un día no que se comparte moito máis que lectura, é unha das actividades favoritas tanto dos maiores coma dos pequenos. Cada ano todo o alumnado agarda revivir impacientes todos os sentimentos provocados polas historias lidas con tanto agarimo.As palabras voaban dos libros provocando sorrisos, conversas e aloumiños. Moitos intercambiáronse agasallos como lembranza dese momento.
Xa son moitos  anos celebrando esta festa pero segue a mesma ilusión entre padriños e afillados.

Foi un auténtico pracer!!!
Parabéns a todos e todas!!!

xoves, 28 de abril de 2016

ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS DA NOSA BIBLIOTECA

A obra máis emblemática do escritor inglés Lewis Carroll, Alicia no país das marabillas, cumple 150 anos . Para celebralo  organizamos no noso centro unha exposición de libros traidos polo noso alumnado. Xunto con estos tamén trouxeron outros libros relacionados coa maxia, tema escollido para o lema deste ano da nosa biblioteca.
Disfrutamos dun mes cheo de MAXIA!!!