martes, 29 de setembro de 2015

O MUNDO MÁXICO DA LECTURA


Este ano o lema da nosa biblioteca vai ser "UN LIBRO, O MUNDO MÁXICO DA LECTURA".
Unha invitación a viaxar a un mundo máxico de imaxinación e fantasía a través dos libros.
Empecemos xa a abrir as páxinas dos libros tamén para transformar, descubrir e explorar todos os contidos máxicos que nos ofrecen os libros.




xoves, 24 de setembro de 2015

BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS





"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso 2015/2016 para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A imaxe responde á interpretación do lema elixido por parte do ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO.
O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido.(Recollido en:BEGA)

xoves, 10 de setembro de 2015

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO

Ola rapaces, rapazas e familias!!!

Acabáronse as vacacións e comezamos un novo curso. Queremos darvos a benvida e desexarvos un estupendo curso 2015/16. Agardámosvos impacientes na biblioteca a partir de outubro. Andamos preparando algunhas actividades que vos van encantar. Estade ben atentos!!!

FELIZ CURSO E BOAS LECTURAS !!